QUEJAS

O PP critica a proliferación de vertedeiros en Ribadavia

O voceiro do grupo popular, César Fernández, suliñou que “esta sensación de desleixo e abandono faise patente tamén noutros puntos do concello

O grupo municipal do PP de Ribadavia apunta que "o alcalde e o seu goberno permanecen impasibles ante a proliferación de vertedeiros descontrolados", coma é o caso do existente na localidade de A Quinza, do que xa os populares solicitaran o seu selado. A proliferación deste tipo de vertedeiros amosa, según o PP, o absoluto desleixo e a preocupante inoperancia do rexedor socialista, Ignacio Gómez, "que coa súa actitude está a convertir a Ribadavia na cloaca da comarca do Ribeiro". 

O voceiro do grupo popular, César Fernández, suliñou que “esta sensación de desleixo e abandono faise patente tamén noutros puntos do concello coma o casco histórico, a alameda, ou as áreas recreativas do rural”. Fernández engade que "os vertedeiros conviven con mobiliario urbano destrozado e suciedade nas rúas do rural", que carece dun servizo axeitado  de limpeza. 

Te puede interesar