Pregunta oral sobre o polígono agroforestal de Castrelo de Miño

Parte del territorio donde se ubicará el polígono agroforestal de Prado
photo_camera Parte del territorio donde se ubicará el polígono agroforestal de Prado

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, traslada hoxe unha pregunta oral á Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia, para reclamarlle á Xunta que atenda aos veciños afectados polo proxecto de construción dun polígono agroforestal en Castrelo de Miño.

Sinalan os socialistas que en data 13 de agosto de 2022, tras convocatoria pública realizada mediante unha nota informativa publicada no Concello de Castrelo de Miño, o conselleiro de Medio Rural reuníase coa veciñanza para explicar o proxecto dun polígono agroforestal nos montes de Prado de Miño. Iniciado o procedemento, o 13 de outubro de 2023, publícase o bando municipal, no que se informa que nos vindeiros días realizaranse os traballos de información aos veciños así como recollida de documentación das parcelas incluídas.

Engaden os socialistas que a asemblea veciñal do pasado 21 de outubro acordou rexeitar calquera actuación encamiñada á posta en marcha do citado polígono agroforestal.

Por iso, dirixen agora a pregunta oral: que decisión vai adoptar a Xunta de Galicia, unha vez coñecido o rexeitamento dos veciños afectados polo actual proxecto de polígono agrofestal de Prado de Miño?; e porque o Goberno galego mudou a superficie orixinal de 52 hectáreas á publicada de 160?.

Te puede interesar