O PSOE cuestiona os custos da recollida de lixo

Os socialistas consideran que as distancias entre concellos son similares, polo que “non entendemos que a mancomunidade xustifique que para recoller o lixo en 10 parroquias de Arnoia se necesitan 5 horas e en Cenlle, co mesmo número, 12,5"

O PSOE do Ribeiro cuestiona, unha vez máis, o reparto de custos no servizo de recollida de lixo que o presidente da Mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, aproba cada ano. Dende o grupo socialista na Mancomunidade argumentan que o tamaño poboacional dos concellos de Arnoia (977 habitantes), Cenlle (1.100) e Cortegada (1.070) e achegan sobre o 50% do custe do servizo.

Os socialistas consideran que as distancias entre concellos son similares, polo que “non entendemos que a mancomunidade xustifique que para recoller o lixo en 10 parroquias de Arnoia se necesitan 5 horas, e en Cenlle, co mesmo número, 12,5, ou en Cortegada con sete, tres menos, precisen 11 horas”. Francisco José Fernández matiza que non se paga por parroquias senón polo número de veces que se recolle e por iso Leiro aporta unha cantidade maior.

Te puede interesar