MÚSICA

Ribadavia acolle os Concertos Didácticos con 600 alumnos

Terán lugar os vindeiros 10 e 11 de xuño, ás 10.00 e 11.30 horas

O Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia organizan os Concertos Didácticos 2014, que terán lugar os vindeiros días 10 e 11 de xuño, ás 10,00 e 11,30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Nestes concertos participarán os centros educativos de Ribadavia e da comarca do Ribeiro, como son o Tomás de Lemos e a Galiña Azul, Amencer de Francelos, o Emilia Pardo Bazán de Leiro, o San Salvador de Arnoia, o de Quins, e o Pena Corneira de Carballeda de Avia, entre outros.

Participarán preto de 600 alumnos, dando a coñecer así a súa actividade pedagóxica e cultural. Nestes concertos presentaranse os instrumentos da orquestra sinfónica, como producen o son e cales son as súas partes, ofrecendo tamén pequenas pezas interpretadas polos alumnos.

Te puede interesar