O RIBEIRO

Ribeiro en Común urxe melloras no GES Emergencias

20190310165027523_result
photo_camera Intervención del servicio de Emergencias de Ribadavia el pasado enero en el casco viejo de la villa. (FOTO: ÓSCAR PINAL)

Recorda que segue sen levarse a cabo a xuntanza prometida cos traballadores do servizo

O grupo municipal Ribeiro en Común do Concello de Ribadavia manifesta a súa satisfacción ante a resolución do pleno para que se leven a cabo melloras no servizo do GES- Emerxencias de Ribadavia, pero tamén recorda que nesta etapa de goberno e en varios plenos municipais, o grupo de Ribeiro en Común defendeu mocións reclamando ditas melloras e todas foron aprobadas aínda que "ningunha realizada polo goberno e polo tanto incumpridas", matiza. 

"Así mesmo, recordamos que o noso grupo sigue solicitando unha xuntanza de todos os grupos cos traballadores do servizo GES, e que esta sigue sen ser aceptada por parte do goberno", engade.

Ribeiro en Común considera que o único que debe ser prioritario é a adopción de melloras na seguridade dos traballadores do GES de Ribadavia, "todas as demais medidas, sendo moi importantes e xustas, parece indicar que terán que agardar ao novo goberno municipal electo no mes de maio", sinalan dende Ribeiro en Común.

Este grupo da oposición insiste en que o Concello de Ribadavia a través do goberno actual realice o investimento necesario e de maneira urxente,  de acordo á normativa vixente, en: traxes de intervención necesarios e actualizados, así como traxes de auga; casco intracraneal, con emisora integrada activada por voz e habilitada para temperaturas extremas; adquisición de cámara térmica; ampliación de formación en riscos laborais, fomentando que os traballadores realicen cursos homologados, entre outras medidas.n

Te puede interesar