ACTIVIDADES DE VERÁN

Sesenta rapaces apúntanse nos cursos de natación de Ribadavia

O  concello de Ribadavia está xestionando máis turnos e estuda a contratación dun terceiro monitor para cubrir a demanda

Rematado o prazo de solicitude de praza para o curso de natación 2017 nas piscinas de Ribadavia, os admitidos dipoñen ata o próximo 26 de xuño para confirmar a reserva en firme achegándose as oficinas do servizo municipal de Deportes para entregar a liquidación de pago da matricula. Dentro do prazo establecido presentáronse 60 solicitudes para asistir aos cursos en xullo e agosto, que inicialmente contan con tan só 40 prazas ofertadas polo Consello Municipal de Deportes. O concelleiro responsable deste departamento municipal, Ricardo González Amaro, declaraba que este ano apuntáronse máis rapaces ca nunca, polo que se están analizando as posibilidades que hai para contratar un terceiro monitor, e así poder atender a importante demanda.

As piscinas abrirán o próximo 1 de xullo e as clases de natación comezarán o día 3 do mesmo mes, ás 11,00 horas, pola mañá, e as 14,00 horas, de tarde. Estableceranse os grupos en función da idade e do nivel de natación dos nenos . 

Desde a Concellería de Deportes de Ribadavia, debido a demanda diste servizo, estanse a facer xestións para poder duplicar o número de clases e poder admitir tódalas solicitudes, mirando de contratar outro monitor. 

Te puede interesar