A uva das castes autóctonas oscilará entre os 0,81 e os 1,39 euros na próxima vendima

Cepas de uva branca nun viñedo ubicado en Beade. (Foto: Martiño Pinal)
As variedades preferenciais das uvas da Denominación de Orixe Ribeiro xa dispoñen dun prezo homologado para a vindeira vendima e cunha prórroga de tres anos según o IPC. As tarifas de compravenda oscilan entre os 0,81 e os 1,39 euros por quilo, dependendo da gradación alcólica.
O contrato tipo que rexerá a compravenda de uva da Denominación de Orixe Ribeiro foi homologado oficialmente pola Consellería de Medio Rural tra-la publicación dos prezos no Diario Oficial de Galicia.

Según indicaron fontes deste departamento autonómico, ‘esta prórroga de tres campañas complétase a política de estabilidade do sector vitivinícola que xa se iniciara coa sinatura en 2006 do primeiro contrato homologado’.

Incremento

Dende a consellería que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal lémbrase que ‘na última Mesa do Viño do Ribeiro, o documento de prezos foi ratificado por Xóvenes Agricultores e o Sindicato Labrego Galego, en repre sentación dos viticultores, e seis adegas empresariais’. As tarifas supoñen un incremento dun 6% a un 10% sobre as cantidades recollidas no primeiro ano de vixencia do contrato, e oscilan entre os 0,81 euros e os 1,39 euros por quilo de uva -sen aplicar o IVEdependendo de se as variedades son tintas ou brancas e da súa gradación alcólica (entre 11 e 13 graos).

O contrato tamén establece a garantía de recollida da uva ó acadar a súa madurez necesaria a prohibición do uso de productos fitosanitarios non autorizados, as condicións de pagamento e o control e vixiancia da comisión paritaria integrada por viticultores e empresarios.

Os responsables de Medio Rural indican que ó ámbito de ampliación destes prezos ‘correspóndese coa zona xeográfica da Denominación de Orixe Ribeiro, que acada as 2.731 hectáreas e na que están inscritos máis de 5.000 productores’. Ademais, valoran que o volume económico das transaccións comerciais ‘é de arredor de 6,6 millóns de euros nunha campaña media’, atendendendo ós prezos das castes.

Te puede interesar