Xornada para aprender a traballar con dependentes

Os Servizos Sociais do Concello de Ribadavia e a UNED organizan unha xornada de 'Atención a persoas dependentes. Potencialidades de emprego'. O prazo de inscrición abríase onte e será ata o 19 de outubro.
A actividade desenvolverase os días 25 e 26 de outubro no Club Artístico de Ribadavia. A duración é de 10 horas (un crédito de libre elección para alumnos universitarios). Os destinatarios son os titulados universitarios, estudantes, parados, auxiliares de axuda no fogar, auxiliares de xeriatría de residencias e persoas en xeral interesadas como demandantes de emprego.

A xornada pretende ser un punto de encontro de estudantes, profesionais e demandantes de emprego e persigue facilitar a posta en marcha dunha empresa no ámbito dos servizos sociais. A tasa é de 20 euros, 15 para estudantes da UNED, e 10 para parados, xubilados, becarios e discapacitados.

Te puede interesar