II Encontro Profesional de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia

En busca de novas oportunidades de negocio

El evento terá lugar o sábado 29 de outubro, a partir das 10,00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a organizar o II Encontro Profesional de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia no marco do programa de actividades do XXI do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O evento terá lugar o sábado 29 de outubro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa Progreso, 30).


Promovida en colaboración co Instituto de Cinema e do Audiovisual (ICA) de Portugal, esta iniciativa diríxese a aquelas empresas produtoras con interese en establecer contacto directo con posibles socios estratéxicos na coprodución de proxectos audiovisuais para cine e televisión (ficción, animación, documental, programas…), na procura de aumentar as oportunidades de financiamento, favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos e abrir novas canles de distribución e difusión.


As produtoras que acudan con proxecto en desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación e levar a cabo reunións bilaterais previamente concertadas. Para participar é preciso confirmar asistencia, enviando o formulario que se pode descargar ao final desta páxina ao correo electrónico [email protected]. Coa información achegada polas compañías elaborarase un dossier a partir do que se xerará unha axenda de traballo.


Tras a rolda de reunións individuais, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá un cóctel-xantar, coa posibilidade de seguir coas xuntanzas pola tarde se fora necesario.

Te puede interesar