Sete adegas do Ribeiro levan os seus caldos a Chicago

O Chicago Cultural Center, un dos edificios máis emblemáticos desta cidade norteamericana, acollerá hoxe unha presentación de viños da Denominación de Orixe Ribeiro.
Concretamente, trátase de viños das adegas Eduardo Peña, Valdavia, Coto de Gomariz, Viña Meín, Casal de Armán, Docampo e Viña Costeira. Un total de 70 profesionais do sector da distribución están invitados á degustación.

Te puede interesar