O alcalde de Baños de Molgas presenta moción de confianza

O anunciou o alcalde despois de non conseguir sacar adiante os orzamentos de 2017

O alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, someterase a unha moción de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos de  2017. Esta decisión anunciouna onte o rexidor, logo do pleno que celebrou a corporación municipal, no que a oposición rexeitou os orzamentos 2017 e Iglesias ve inasumible prorrogar os de 2016.

Baños de Molgas está gobernada polo BNG, con tres concelleiros, co apoio dos dous edís PSOE, mentres que o PP ten catro concelleiros. O entendemento entre BNG e PSOE foi moi complexo desde o mesmo momento da toma de posesión do novo goberno municipal e os desencontros mantéñense na actualidade.

Logo de non conseguir sacar adiante os orzamentos de 2017, Xaime Iglesias anunciaba que o próximo luns comunicará a decisión de someterse a unha moción de confianza ligada á aprobación das contas para este ano.

Te puede interesar