O alcalde de Ourense nega 'irregularidades' na axuda ao fogar

El alcalde de Ourense, Agustín Fernández (Foto: Miguel Ángel)
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, reiterou o 'correcto funcionamento e sen irregularidades' do servizo de axuda a domicilio en alusión ao proceso xudicial aberto por posíbeis anomalías no pagamento de facturas.
Despois de que a autoridade xudicial conseguise información dos computadores do concello e a edil de Servizos Sociais, Marga Martín, prestase declaración, Fernández apoiou publicamente hoxe nunha rolda de prensa a 'profesionalidade' do servizo e do seu equipo.

Porén, reiterou a total disposición a colaborar coa xustiza e asegurou que 'sempre foi facilitado todo o que nos solicitaron', facendo gala da transparencia do Goberno municipal.

No entanto, desde a oposición municipal, o portavoz do Partido Popular, Rosendo Fernández desmentiu perante os medios de comunicación que o Concello de Ourense se caracterice por ser 'dos que máis información dá' tal e como afirmou o alcalde.

'Despois de 15 días por fin teremos mañá a xunta de portavoces', afirmou Rosendo Fernández, criticando que será agora cando coñezan por 'boca do alcalde' a situación xudicial do Concello.

Mantivo que 'todo o que sabíamos era polos medios de comunicación' e insistiu en que 'como grupo maioritario temos o dereito e a responsabilidade de coñecer estes feitos de man do alcalde'.

Te puede interesar