OURENSE

Un alumno de cociña do IES Vilamarín gaña a medalla de ouro no 'Galiciaskills 2014'

JOL
photo_camera Víctor Reza Sánchez, el ganador, y Mónica.

Víctor Reza Sánchez proclamouse campión nun acto celebrado en Santiago de Compostela, tras superar o resto de participantes dos centros de hostalaría de Galicia

O alumno do IES Vilamarín Víctor Reza Sánchez, de 2º do Ciclo Superior de Dirección de Cociña resultou gañador da medalla de ouro no Galiciaskills 2014, polo que representará a Galicia nos Spainskills de cociña o próximo mes de abril do 2015.

O alumno do Vilamarín, acompañado pola súa titora do centro, Mónica Cernadas Carrera, foi onte proclamado campión galego nun acto desenvolvido no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, despois de superar en destrezas ao alumnado representante do resto dos centros de hostalería de Galicia.

Esta escola de hostalería, a única da provincia de Ourense, xa sentou precedentes neste campionato, dado que no I Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2010 o alumno do ciclo de Servizo de restaurante e bar, Guillermo González Gómez, xa obtivo a medalla de ouro neste ámbito, sendo tamén medalla de ouro na Olimpiada Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2011 e representante de España no Euroskills 2012, onde resultou gañador da medalla de prata na Skill Servizo de restaurante e bar neste Campionato Europeo de Formación Profesional.



Campionato de FP

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. Os gañadores participarán no campionato nacional Spainskills.

Te puede interesar