ENQUISA

Amoeiro quere coñecer a satisfacción vital dos veciños

Esta enquisa estará aberta para ser enchida  a través dun Google Docs ata o vindeiro 19 de novembro

nnn O Concello de Amoeiro vén de lanzar unha enquisa destinada a que os veciños da localidad poidan expresar o grao de satisfacción vital de forma totalmente anónima e así poder facer un balance da situación e do grao de felicidade dos cidadáns do municipio. 

O Concello lanzou nas súas comunicacións oficiais unha experiencia "pioneira" na que tratará de saber se a poboación de Amoeiro está satisfeita coa súa vida. 

Para iso, cada veciño deberá responder a cinco preguntas mediante as que poderá indicar o seu grado de acordo  respecto das afirmacións que se formulan (estas preguntas constitúen a escala elaborada por Diener et al. en 1985).

 O nivel de acordo marcarase nunha escala de cinco puntos, que varía desde 1 (que significa "Totalmente en desacordo") ata 5 (que significa "Totalmente de acordo"), distribuíndose a totalidade da escala deste xeito. 

NA WEB E EN PAPEL

Esta enquisa estará aberta para ser enchida  a través dun Google Docs ata o vindeiro 19 de novembro  e posteriormente informarase á cidadanía dos resultados obtidos. "Está tendo moito éxito e unha participación moi alta, e xa que sabemos que hai xente que non ten acceso a internet, remitirémola tamén por correo normal", sinalou onte o alcalde da localidade, Rafael Rodríguez Villarino. 

Te puede interesar