Barbadás destina 9.000 euros a axudas a entidades deportivas

Os beneficiarios poden ser asoaciación ou clubes que estean no rexistro do concello

O Concello de Barbadás presentou a convocatoria para a concesión de subvecións en materia deportiva, cun orzamento total de pouco máis de 9.000 euros. O obxectivo destas axudas é a colaboración na organización de actividades deportivas, tanto federadas como outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no municipio. Ademais, con estas subvencións, o Concello tamén pretende sufragar algúns gastos de funcionamento das entidades deportivas por participar ou organizar competicións de carácter oficial.

Os beneficiarios das axudas son asociacións ou clubes que estean inscritos no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás e que non sexan debedoras ao Concello. A porcentaxe subvencionable non poderá exceder do 75% do custo da actividade, nin poderá exceder do custo total previsto en concorrencia con calquera outro tipo de ingresos, non podendo superar en ningún caso a cantidade de 2.500 euros.

Te puede interesar