Barbadás ofrece ás familias ludotecas para a conciliación

O Concello de Barbadás presentou onte o seu servizo de ludotecas para a etapa de Nadal, que axudan á conciliación da vida familiar e laboral. Estes obradoiros estarán dispoñibles os días 22, 23, 27, 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro. Nestas actividades desenvolveranse accións educativas e de animación que teñen como obxectivo dinamizar a participación dos nenos do municipio.

En total ofértanse 30 prazas en dous cupos diferentes: 15 para nenos de 3 a 6 anos e outras 15 para os de 7 a 12. As xornadas serán de cinco horas en horario de 9,00 a 14,00 horas. O prazo de inscrición comezou onte e remata este xoves, aínda que se aceptarán solicitudes fóra de prazo se quedan ocos libres. Dende o Concello advirten de que o programa de actividades poderá sufrir modificacións en función das medidas sanitarias derivadas da evolución da pandemia. n

Te puede interesar