O BNG atribúe un intento de suicidio a un desafiuzamento

O grupo municipal do BNG reclamou onte 'medidas contundentes' para dar solución ós desafiuzamentos en relación co intento de suicidio dunha muller que estaba afectada por un impago dun alquiler e que se atopaba no desemprego. A afectada xa pasou polo hospital e agora vive cos seus dous fillos nun piso facilitado polos Servicios Sociais do Concello de Ourense.
Os nacionalistas botan en falta medios por parte do Concello para evitar estas situacións. 'Esta persoa foi atendida nos Servizos Sociais pero nestes momentos non se precisan só axudas puntuais senón seguementos para que as persoas desesperadas sintan o arroupamento das institucións que gobernan', valora el BNG.

O BNG criticou a actitude do PP por 'rexeitar as emendas nacionalistas que aínda ' que aínda que mantiñan como preferencia a alternativa da dación en pago tamén pedían a renegociación da débeda ou a conversión da hipoteca nun aluguer'.

O seu entender, o Partido Popular amosa 'nula sensibilidade ante a situación desesperada que están a vivir moitas familias no noso país'.

Te puede interesar