O BNG de Ourense afea a Jácome a contratación de “persoas afíns”

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.  MIGUEL ÁNGEL
photo_camera Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. MIGUEL ÁNGEL
O BNG protesta pola convocatoria dun posto de director de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense

O Bloque Nacionalista Galego da cidade critica ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por “rirse da veciñanza convocando unha praza para un posto de algo que só existe no seu maxín”, en referencia á convocatoria do posto de director de Intelixencia Artificial do Concello.

Os nacionalistas reivindican que alertaron dende o principio de que o Centro de Intelixencia Artificial era “unha gran mentira” do alcalde. Neste sentido, sinalan que dos obxectivos previstos “non se cumpriu ningún”. “O alcalde pensa que o Concello é un saco sen fondo e segue a queimar recursos públicos en contratar persoas afíns”, censuran, e alertan dos 25 millóns de débeda acumulada coas concesionarias en precario.

Te puede interesar