EDUCACIÓN

O BNG ve unha “chapuza” no caso do Irmáns Villar de Ourense

Protesta a a las puertas del Irmáns Villar.
photo_camera Protesta a a las puertas del Irmáns Villar.
A deputada do BNG pide unha solución para as familias afectadas e polos alumnos que quedarán ser praza o vindeiro curso

O BNG lamentou onte que a “mala planificación” da Consellería de Educación deixará sen praza no IES de referencia (o Otero Pedrayo) a alumnos do CEIP Irmáns Villar. A deputada nacionalista Noa Presas emprazou á consellería a reorganizar o mapa escolar na cidade e buscar unha solución para non prexudicar ás familias afectadas con esta “chapuza” pola que alumnos que rematan este ano a Primaria quedarán sen praza o vindeiro curso no seu instituto de referencia.

Presas referiuse así á situación advertida e denunciada xa en febreiro pola anpa do CEIP Irmáns Villar sobre a oferta insuficiente de prazas no IES Otero Pedrayo, que é o centro de referencia para este e outros dous centros de Primaria (o Amadeo Barroso e o da Inmaculada).

“Non planificaron o curso, non botaron contas do alumnado e non fixeron nada por ordenar a situación que sabían dende hai anos que ía producirse”, criticou a deputada ourensá. 

Te puede interesar