NADAL

Os Bolechas inician o sábado 
a xira co espectáculo de Nadal

<p></p>
photo_camera Os nenos, coas súas familias, participan nas actividades que se desenrolan na caravana dos Bolechas.

A Caravana, co R4 e o autobús, inclúe talleres, xogos, cine e actividades gratuítas para toda a familia 

O vindeiro sábado é a data marcada para que a familia de irmáns máis coñecida entre os cativos galegos inicie este Nadal o percorrido por varias localidades galegas da da Rede de Dinamización Lingüística nunha xira apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Televisión de Galicia. A Xira de Nadal 2015 dos Bolechas arrancará o 26 de decembro en Viveiro e pasará por Narón (día 27), As Pontes (o 29), Foz (2 de xaneiro) e Verín (día 3) para rematar o día 4 de xaneiro en Allariz. En todas as vilas estará de 12.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas, excepto en Allariz, onde estará de 12,30 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Por suposto, non faltarán Os Bolechas corpóreos, que estarán presentes en todas as localidades a partir das 17,00 horas.

Ademais, a Caravana inclúe o R4 e o espectacular autobús de dúas plantas, onde os pequenos seguidores desta familia poderán gozar de multitude de actividades totalmente de balde. No primeiro andar do autobús estará instalada a ludoteca con todo tipo de xogos para divertirse e aprender ao máis puro estilo “Bolechas”, así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a multitude de intormación e xogos. A segunda planta conta cunha sala de cine dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas. Ademais realizaranse talleres de debuxo e diversas iniciativas relacionadas coas artes plásticas.

Asemade, todos os que visiten a Caravana dos Bolechas e cubran a tarxeta que se facilita na mesma, entrarán no sorteo de dous regalos, que consistirán en dous cursos de inglés e dous lotes de libros dos Bolechas. E entre todos os participantes na Xira sortearase tamén un gran premio final consistente nun lote de cen libros dos Bolechas.

Debido ao éxito do pasado ano, a Caravana de Nadal volve a incluír unha Tenda dos Bolechas onde se poderán adquirir todos os produtos da marca, entre eles os novos libros dos personaxes que levan un peluche de agasallo e que están a ser o gran éxito deste Nadal, ademis dos libros de formato clásico.

Te puede interesar