ENTREVISTA

"Buscamos propiciar o coñecemento e a posta en valor das nosas paisaxes"

photo_camera Valerià Paul, Rosendo Fernández, Isabel Aguirre e Juan Anta.

A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial, organiza no concello da Veiga, do 6 ao 8 de outubro, un seminario denominado "As paisaxes culturais da montaña galega"

A presentación da actividade realizouse onte na Deputación e contou coa asistencia da directora da Escola, Isabel Aguirre. 

Onde radica a importancia de organizar este tipo de talleres?

Os obxectivos que persegue a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega son precisamente a divulgación, a formación, a educación, espertar o interese e apoiar todas ás iniciativas que vaian na liñá da paisaxe.

Con este seminario imos a traballar en todos estes eidos porque a paisaxe non é só o que vemos, tamén é o que a constrúe. Os cidadáns constrúen a paisaxe, todo o que facemos está a obrar a paisaxe onde vivimos. Isto da unha idea do interese que existe neste momento na cidadanía por actividades deste tipo e por iso temos que falar da paisaxe non como un elemento fosilizado, senón incrementando o seu valor e propiciando que a sociedade poida desenvolverse e realizar as súas actividades nela.

Que destacaría da programación para estos tres días?

Contaremos cunha variada participación de especialistas na materia de diferentes procedencias porque resulta moi interesante á relación que hai con outros conxuntos territorias semellantes, noutras zonas do territorio español e tamén internacional. Se non coñecemos una cousa non a podemos amar, entón o que queremos é espertar o interese e o coñecemento da paisaxe e que iso instintivamente nos leve a protexela.

Cal é o obxectivo específico desta actividade?

O propio seminario persegue que os participantes traballen en grupos, recorran e estuden a zona da Veiga para, posteriormente, realizar as propostas que consideren que poidan mellorar a zona obxecto de estudo. Búscase que sexan ideas factibles, e, por suposto, ecoloxicamente sostibles. Además, persegue continuar coa aprendizaxe e coa divulgación do coñecemento. O traballo será publicado posteriormente nun e-book.

Que resposta está a ter o seminario por parte do público?

Xa temos anotadas a 20 persoas antes de comezar a publicitalo. O cupo máximo é de 40. 

Te puede interesar