LITERATURA

O carballiñes Miguel Anxo Fernández presenta "Blues para Moraima"

O escritor e ensaísta gañou o XXXV Premio de Novela Longa "Eduardo Blanco Amor"

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a presentación da obra gañadora do XXXV Premio de Novela Longa "Eduardo Blanco Amor",Blues para Moraima, do escritor, ensaísta e investigador cinematográfico Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955). No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor, Miguel Anxo Fernández, e o presidente de Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.

O certame, dotado con 12.000 euros e unha escultura do artista ourensán Acisclo Manzano, é un premio que “recuperou a Deputación fai dúas edicións para garantir a súa supervivencia, darlle o pulo que precisaba, e para convidar ao resto de concellos de Galicia, organizadores de anteriores edicións, a continuar realzando este certame e homenaxeando a ese xigante das nosas letras como é Eduardo Blanco Amor”, dixo Manuel Baltar.

Miguel Anxo Fernández reivindicou o papel de Ourense como “líder da historia da literatura galega”, engadindo que con este premio, o xurado introduciume neste grupo, aínda que o fago por outra porta, ao proceder do mundo da comunicación audiovisual, por iso, o que a min me interesa é narrar historias”.

Te puede interesar