MÚSICA | TURISMO

Carlos Núñez presenta a súa minixira: "Levo 20 anos tentando que en Galicia se fagan cousas así"

En San Pedro de Rocas sinalou as datas das súas actuacións pola provincia e remarcou a necesidade de vencellar a música co turismo

Carlos Núñez presentou esta mañá a súa minixira de concertos pola provincia. Fixo no marco incomparable de San Pedro de Rocas, onde o músico quixo resaltar os "tesouros de Galicia" e as súas potencialidades. "Levamos 20 anos tentando que en Galicia se fagan cousas así, intentar superar esa época do concerto gratuito na plaza do pobo", sinalou. A súa xira "A tradición medieval" levará actuacións pola provincia o 27, 28 e 29 deste mes.

"Hai que dar un paso máis alá, vencellar a música ó turismo e facer unha aposta moderma destas tradicións", engadiu Núñez. 

Ademáis, avanzou que o próximo 2 de marzo tocará na Catedral, no marco do Festival Pórtico do Paraíso.

Te puede interesar