A cidade de Budapest, presente na novena edición de Termatalia a través do Inorde

A cidade termal de Budapest será unha das protagonistas da novena edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que terá lugar en Expourense entre o 16 e o 18 de outubro. A presenza como expositora da capital húngara na feira xorde a través dun convenio de colaboración asinado entre o recinto feiral e o Inorde e que materializa un ano máis a estreita colaboración entre ámbalas dúas entidades.
Esta cidade contará cun stand dende o que promocionar os seus recursos termais e turísticos, Budapest participará no IV Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que se celebra de xeito paralelo e complementario á feira.

Responsables da cidade impartirán a conferencia inaugural deste foro na que falarán sobre a xestión da que, con máis de 60 millóns de litros de auga termal ó día, é a maior cidade termal do Mundo (Ourense, con 4,5 millones ocupa o segundo posto). Ademais do seu propio stand, o Inorde contará con espazo para promocionar o seu proxecto ‘Un país, unha oportunidade’.


Te puede interesar