Coles mellora o entorno do pavillón e o velatorio

A Xunta aportou 246.200 euros a Coles con este Fondo de Compensación Ambiental ou mediante a orde de infraestruturas de uso púnlico.

O Concello de Coles acondicionou a contorna do pavillón polideportivo, o velatorio e o campo de fútbol municipal, para mellorar o desfrute dos veciños destes espazos municipais, que ata  de agora non podía ser empregados no tempo de lecer pola súa degradación e contaminación. As obras contaron con investimento da Xunta de Galicia, un total de 32.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, dos case 40.000 euros que custou a obra. Substituíronse pavimentos en mal estado e retirouse material e residuos do entorno, así como as augas pluviais  para evitar a acumulación de auga, coa creación dunha rede de somidoiros. 

A Xunta aportou 246.200 euros a Coles con este Fondo de Compensación Ambiental ou mediante a orde de infraestruturas de uso público. A isto, únense axudas á eficiencia enerxética para os catro municipios que conforman a Mancomunidade de Santa Águeda (Coles, Vilamarín, Amoeiro e A Peroxa).

Te puede interesar