Oito colexios incorporan ás aulas novas tecnoloxías

Un total de oito centros educativos da provincia integraranse no proxecto Abalar no curso 2011-2012, desenvolvido para implantar as novas tecnoloxías nas aulas galegas.
Son os IES Cosme López Rodríguez da Rúa e a Universidade Laboral da cidade e os CEIP Amadeo Rodríguez Barroso e Vistahermosa (Ourense), os de Luíntra, Vilar de Barrio, Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) e O Ruxidoiro (Barbadás). Todos eles súmanse ós 41 cos que arrincou na provincia o proxecto de incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en Ourense. No curso que comeza o próximo mes, haberá 77 aulas máis en Galicia integradas en Abalar, o que suma 37 máis das previstas para o ano 2011-2012. Deste xeito, a Consellería de Educación resolve a convocatoria de integración á rede, á que concorreron 180 centros.

A intención do departamento dirixido por Jesús Vázquez trata de implicar a alumnado e profesorado na nova realidade tecnolóxica. Este obxectivo complétase coa ampliación dos contidos disponibles no Espazo Abalar, do que se nutre o proxecto. Por outra banda, a Consellería de Educación afirma estar continuando o traballo de mellora da rede que conforman os preto de 300 centros incorporados xa o curso pasado. Daquela recibiron ordenadores portátiles as aulas de quinto de Primaria e primeiro da ESO, mentres que neses centros a oferta ampliarase a sexto de Primaria e segundo da ESO. Neste sentido, o colectivo docente correspondente a estes cursos continuará recibindo formación complementaria para impulsar a total integración das novas tecnoloxías.

Te puede interesar