Os comercios de Barbadás lanzan unha campaña por San Valentín

O 14 de febreiro a Concellería de Comercio repartirá  2.000 bolsas “Barbadás Quéreo, Víveo” entre os compradores.

Barbadás promociona o comercio local cunha campaña de San Valentín, chamada “Namórate”. Os establecementos participantes distribuirán entre a súa clientela 5.000 rascas, dos que 224 teñen premios, como descontos ou agasallos. Esta iniciativa, organizada pola Asociación de comerciantes de A Valenzá, desenvolverase do 1 ao 14 de febreiro e os premios poderán trocarse ata o 18. Os establecementos participantes son: A Cova do Savio, Bel moda e complementos, Cafetería A Pedreira, Cafetería Alumbre, Carussa Baby, Gaia Contigo, OrenÓptica, Elma, Idunna, La Cigüeña, Librería A Valenzá, Librería Espa, Más que un sueño, Mimí Flores, Muebles Utile- Melangué, O Muiñeiro Restaurante, Tapería Vely, Toffee Glass, Twins-Men-Women, Zocos Calviño, Micocadas e Restaurante Chicote.

O 14 de febreiro a Concellería de Comercio repartirá  2.000 bolsas “Barbadás Quéreo, Víveo” entre os compradores.

Te puede interesar