La compañía Lagarta, Lagarta recupera la figura de Stefan Zweig

Unha hora na que o matrimonio Zweig, formado por Stefan e Lotte, toma unha importante determinación.
Iso é o que propón para esta tarde a compañía Lagarta, lagarta no Teatro Principal ás 20.30 horas. Con Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro sobre o escenario, o argumento da peza fálanos dunha visita inesperada que acaba por importunar á parella, pero gracias ó novo personaxe, o espectador poderá afondar nos posicionamentos que os dous Zweig toman ante temas tan substanciais como a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras ou a liberdade. Para aqueles que non poidan gozar do espectáculo de Lagarta, lagarta esta tarde, a compañía estará mañá, sábado, ás 20.30 e o domingo ás 19 horas. As entradas están xa á venda na taquilla do Teatro Principal e os prezos oscilan entre os 12 e os seis euros, segundo os asentos estean nunha ou outra zona do recinto.

Te puede interesar