'Contos ao carón da lareira', na Biblioteca de Verín, o venres

O vindeiro venres 14 de decembro, de 18,00 a 19,30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos ao carón da lareira', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos con idades comprendidas entre os tres e os nove anos, e consistirá na realización de contacontos de historias e lendas tradicionais, así como unha manualidade decorativa conformada por un pingüín cunha botella de plástico, cartolina e algodón. A actividade será coordinada por nenos voluntarios de entre 11 e 16 anos e persoal da Biblioteca.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Te puede interesar