O Correlingua comeza hoxe na cidade con nenos de 13 colexios

A praza Maior acollerá na xornada de hoxe aos escolares de 13 centros da provincia que participarán no proxecto educativo en defensa do galego 'Correlingua'. A andaina comezará ás 10.45 horas e percorrerá diferentes rúas históricas da cidade para chegar ata a rúa da Canle na que se atopa o Auditorio Municipal, que albergará a festa final con actividades e sorteos para todos os participantes.
A coñecida actriz Iria Sobrado presentará a gala na que se proxectarán os vídeos gañadores do concurso 'Por que falar galego? e do vídeo do colexio de Cea, 'A lingua sabe a pan'. Ademáis, os alumnos do colexio Salesianos lerán un manifesto en defensa da lingua galega. Por último, o grupo 'Chupadeskay' realizará unha actuación musical como despedida.

Te puede interesar