David Bruzos: "O noso programa é un diálogo aberto a múltiples voces"

Rueda de prensa en marea en el ateneo
10-12-15
photo_camera Sofía Díaz, Xabier Ron e David Bruzos, este xoves en rolda de prensa. (MARTIÑO PINAL)

A número 2 ao Congreso, Sofía Díaz, reivindicou o papel da Marea: "Defendemos a necesidade de mudar a maneira de facer política dentro e tamén fóra das institucións"

Os alcaldes "rebeldes" de Compostela, Ferrol e A Coruña reuniranse en Ourense para dar apoio á candidatura de David Bruzos e Sofía Díaz, por En Marea. Segundo os organizadores do acto de campaña, ademais de Martiño Noriega,  Jorge Suárez e Xulio Ferreiro, está pendente de confirmar a súa asistencia Xosé Manuel Beiras. De ser así, sería a primeira visita do histórico líder do nacionalismo galego á provincia nesta xeira de actos de cara ás xerais. 


O equipo de campaña de En Marea en Ourense traballa estes días para pechar o lugar do encontro na cidade. Como tampouco está asegurada a presenza de David Bruzos. O número un polo Congreso deberá adaptar a súa axenda se quere estar cos tres rexedores que acadaron o poder municipal con plataformas de unidade. 
En Marea reivindicará un programa presentado onte que artellado sobre catro eixos: o rescate á cidadanía co aseguramento dunha renda mínima, a defensa dos recursos e o ben común, rescatar a democracia con medida de rexeneración e un pulo á soberanía cidadá. 

Te puede interesar