Catedrático de Lingua Galega e Literatura

Delfín Caseiro Nogueiras: ‘Necesitamos fomentar a lectura de aula’

Delfín Caseiro. (Foto: Miguel Ángel)
O catedrático ourensán Delfín Caseiro (Raririz de Veiga, 1954) é o autor da primeira unidade didáctica sobre a novela ‘O Porco de pé’ de Vicente Risco.
O catedrático de Lingua Galega e Literatura, o ourensán Delfín Caseiro Nogueiras, presentou onte dentro do primeiro congreso ‘O Porco de pé’, que ten lugar ata mañá no Paraninfo IES Otero Pedrayo, e organizado pola Fundación Vicente Risco, a primeira unidade didáctica para entender e comprender esta obra, considerada como a primeira novela moderna galega.

¿Cal e o obxectivo principal da unidade didáctica?

Coincidindo cos obxetivos da Fundación Vicente Risco, o que buscamos é animar ó profesorado e ós alumnos a que lean o relean a obra de Risco. Necesitamos que a lectura de aula convide a reflexionar, xa que pode resultar pertinente polos valores que manexa, que ben poden ser utilizados polos estudantes de ESO y Bachalerato. ‘O Porco de pé’ é unha novela nova, moderna e orixinal, que responde a unha lucidez extraordinaria do autor.

¿Como se distribuirá a obra?

Os 1.500 exemplares que conforman a serie, repartiranse en todos os centros de secundaria públicos e privados da cidade, así como nas bibliotecas, en asociacios e institucións ourensans.

No traballo destaca un apartado dirixido a influencia literaria europea, en ela nombra a grandes escritores como Kafka, Apollinaire o Nietzche ¿qué influencias tiveron eles en Risco?

Este marco europeo está pensado pra informar sobre a situación cultural que vivían e coñecían os integrantes da xeneración Nós, e particularmente Vicente Risco, quen estaba ó día das creacións literarias da época. En qué medida repercutiron estas obras na súa creación non é doado de valorar. Neste sentido en unha das conferencias de este congreso, Manuel Outeiriño sostivo que non se trata de ver as influencias estranxeiras, pois o obxectivo foi facer unha literatura galega de altura y con unha identidade propia.

¿Como definiría a obra literaria de Risco?

A creación literaria de Vicente Risco rompe co ruralismo rea lista e caracterízase pola súa carga intelectual, con marcada tendencia ao didactismo; moi vinculada á producción ensaística e en sintonía coas súas teses ideolóxicas.

¿Que perfil ideolóxico é o que debe coñecerse de Vicente Risco?

Risco pensaba que os escritores tiñan que comprometerse coa realidade social e nacional galega para mellorala. Abogou pola intuición coma elemento fundamental na creación artística. El entende que a creación espontánea non debe guiarse polo racionalismo. No periodo mais efervescente do galeguismo, Risco perseguiu unha estética singular, baseada en obras didácticas que resultasen pedagóxicas para o conxunto da sociedade.

¿Cree que este tipo de simposiums son sufecintes para por en valor o legado literario de Risco?

Este congreso é unha pequena contribución. Son iniciativas que deben funcionar como motores de outras. A figura de Vicente Risco debe axudar non só a revalorizar a súa obra, tamén a rescatar o legado cultural de outros escritores e poetas da época. Nestes momentos parece que a cultura non é un valor de primeira necesidade.

¿Ten vostede algún outro proxecto sobre a figura de Risco?

Pra o vindeiro ano queremos continuar co proxecto e facer unha nova edición anotada da novela de Risco ‘O Porco de pé’, que incluirá varias notas ao pé da páxina, para facilitar a súa lectura e comprensión. A obra tamén será editada pola Fundación Vicente Risco.


Te puede interesar