Detido un mozo veciño de Ourense por agredir un coñecido tras unha discusión

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron o luns un mozo veciño de Ourense como presunto autor dun delito de lesións por agredir un coñecido tras unha discusión.
Os feitos que motivaron a detención aconteceron o pasado día 13 de xaneiro sobre as 7.00 horas na Praza das Mercedes, cando a vítima das lesións se atopaba coa súa noiva no devandito lugar e se lle achegou unha persoa coñecida por el. Tras unha breve discusión, esta última procedeu a propinarlle patadas e puñazos por todo o corpo, despois do que abandonou o lugar.

A vítima dos feitos foi trasladada ao centro hospitalario para ser asistida por unha ferida no labio, pola cal recibiu varios puntos de sutura.

Coñecidos estes feitos por parte da Unidade de Delincuencia especializada e Violenta da Comisaría Provincial de Ourense, procedeuse a iniciar a correspondente investigación co fin de identificar o presunto autor.

A investigación deu como resultado a detención do presunto autor das lesións o luns, un varón de 25 anos de idade veciño de Ourense, que carece de detencións anteriores. O arrestado pasou a disposición xudicial, tras o que quedou en liberdade.

Te puede interesar