O Entroido de Barbadás repartirá 6.000 euros en premios

O Entroido de Barbadás repartirá este ano 5.950 euros en premios en catro categorías. Dende o Concello aseguran que este desfile “vén sendo, dende hai varios anos, unha cita ineludible dentro do abano de eventos do Entroido”. Ademais, o martes abriuse o prazo de inscricións para participar no desfile, e permanecerá aberto ata fin de mes. 

Este ano, o desfile terá lugar o martes día 1 de marzo, co habitual percorrido pola avenida de Celanova de A Valenzá que arrancará ás 17,00 horas. Coma todos os anos, haberá catro diferentes categorías: carrozas (que deberán contar cun mínimo de 10 persoas e a maioría teñen que ir subidos nela), comparsas (mínimo 10 persoas), parellas/tríos e individuais. Os premios para carrozas e comparsas divídense en 1.000 euros para o primeiro; 750 para o segundo; 550 para o terceiro; e 300 euros para o cuarto. No caso das parellas e tríos, o primeiro premio será de 300 euros; o segundo de 150 e o terceiro de 100. No caso dos premios individuais, haberá un único premio de 200 euros para o mellor disfraz.

Te puede interesar