PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
A intelixencia artificial permite agora optimizar a diagnose de enfermidades mediante raios X. É o resultado dun equipo de investigación da Universidade de Vigo radicado no Campus de Ourense. A ferramenta chámase Sadisir, o acrónimo de “Sistema de Automatización de Diagnose a partir de Signos Radiolóxicos”. A través da combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, o sistema conclúe unha ou varias diagnoses médicas, as máis probables, a partir dos signos presentes na imaxe de raios.
A ferramenta foi desenvolvida no marco do grupo Sing (Next Generation Computer Systems Group, Grupo de Sistemas de Ordenador de Seguinte Xeración en galego) da UVigo. O proxecto foi dirixido por David Ruano e nel participaron os investigadores Tomás Cotos, Silvana Gómez e Reyes Pavón, así como Diego Domínguez e José Manuel Fernández-Carrera, médicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
“No campo da medicina, a interpretación precisa de signos radiolóxicos é fuindamental para o diagnóstico eficaz de enfermidades. Con todo, a abafadora cantidade de datos radiolóxicos desafía a capacidade dos profesionais da saúde para analizalos exhaustivamente”, explican dende o equipo. Por iso a intelixencia artifical cobra importancia á hora de axudar aos profesionais sanitarios. Sadisir, segundo detallan, foi adestrado con 160.000 radiografías de tórax e información clínica sobre 67.000 pacientes, datos que axudan á ferramenta a estimar un diagnóstico probable. Iso si, a última palabra tena sempre un médico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
Lo último
ELECCIÓN ENTRE LOS 26 CANDIDATOS
La Xunta espera poder licitar la reconversión de los locales comerciales en pisos en 2027
LOCALES RECONVERTIDOS EN PISOS
Ofrecen a la Xunta 26 bajos en Ourense para darles uso de vivienda
SUMINISTRO DE MATERIAL
Una inversión millonaria para la cirugía vertebral de la sanidad ourensana
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 19 de mayo?