Erasmus alemás en Ourense en busca de espírito emprendedor

Co obxectivo de fomentar o emprendemento desde unha perspectiva de xénero, desde setembro de 2019 a Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participan no proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE’RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción). A súa programación inclúe o desenvolvemento de diferentes mobilidades entre mulleres dos países participantes, que son ademais de España, Francia, Bélxica e Alemaña. Ao seu abeiro, esta semana un grupo de universitarias alemás está en Ourense para afondar no emprendemento feminino e madurar as súas ideas emprendedoras. Ademais, a iniciativa ofrece no mes de abril un programa de formación para emprendedoras.

Women Entrepreneurs in Action WE’RE IN! conta con financiamento da Comisión Europea, formando parte do programa Erasmus+.

Te puede interesar