En 12 anos duplicouse o número de persoas que nunca fala nesta lingua

Un estudo revela que só un seis por cento dos ourensáns fala únicamente en galego

Ourense segue a tónica do resto de Galicia e decántase polo uso do castelán. Así se desprende dos datos que deu a coñecer a Mesa pola Normalización Lingüística sobre o uso do galego feito pola Real Academia Galega. Segundo esa enquisa, só un seis por cento da poboación ourensán se expresa únicamente en galego, frente ó 27 por cento que o fai íntegramente en castelán.
Dende fai anos a Real Academia Galega anda a traballar nunha recollida de datos coa que facer a radiografía da situación e evolución do uso do galego na Galicia. A primeira recollida de datos para o estudo fíxose no ano 1992 e a segunda no 2004, saíndo agora a luz os resultados que se desprenden desta evolución do mapa sociolingüístico galego. Deunos a coñecer a Mesa pola Normalización Lingüística, cuio presidente, Carlos Callón, cataloga como ‘datos moi negativos’, en tanto que nestes doce anos ‘duplicouse o número de persoas que nunca falan galego’, pasando do 13 ó 25 por cento.

Das sete grandes cidades de Galicia, Ourense sitúase como a cuarta no uso do galego como única lingua. Segundo a enquisa o seis por cento da poboación exprésase só en galego, namentras o 27 por cento faino exclusivamente en castelán, o que sitúa a Ourense como a quinta das cidades en monolongüismo do castelán. O favoritismo pola lingua do Estado queda patente tamén, según os datos de estudo, naquelas persoas que fan uso do bilingüismo, pois o 40,8 por cento dos ourensáns que se expresa nas dúas linguas emprega máis o castelán e o 25,7 por cento, o galego.

Esta é unha realidad que, segundo a enquisa, se extrapola a toda Galicia, onde se dividiu a metade o número de persoas que din falar habitualmente en galego, baixando do 30,5 ó 16 por cento. Dende a Mesa sosteñen que esta situación de caída do uso do galego débese a que no se está a cumplir a lexislación existente con respeto á súa utilidade en materias como o ensino, a administración, no lecer ou nos medios de comunicación. Pero tamén fan incidencia en que aínda existen moitos prexuizos que sitúan ó galego coma unha lingua de segundo nivel. ‘Os cidadáns e os poderes públicos temos que estar en situación de alerta porque se non nos preocupamos nós pola nosa lingua ninguén o fará’, asevera Carlos Callón.

Te puede interesar