A Farixa busca colaboradores para as súas producións

Sentenza
photo_camera Sentenza
Os creadores venderán nas súas redes sociais merchandising para conseguir financiación para as súas producións

O alumnado de segundo curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense, están buscando colaboradores para que os axuden co financiamento da produción de dous proxectos  audiovisuais que serán rodados en próximas datas e en diferentes localizacións da provincia. Ditas propostas audiovisuais nacen na propia aula e son coñecidos polo nome de “Sentenza” e “Memoria de Soutelo”. A primeira idea é unha curtametraxe de ficción enmarcada no xénero thriller e, o segunda, é un documental que abordará o tema da mocidade no rural nun xogo visual que tomará como punto de partida as imaxes do fotógrafo Virxilio Vieitez.

Estas actividades enmárcanse no programa de estudos do ciclo e implican a posta en práctica en condicións reais de procesos de produción que teñan como obxectivo a creación de produtos audiovisuais de calidade. A xefa de departamento do ciclo de produción e profesora encargada da coordinación dos proxectos, Diana Casanova, considera que “para un ciclo como este, poder levar a aula ao mundo real é o ideal e este tipo de prácticas permite que o alumnado se enfronte ao contexto e aprenda da experiencia sempre coa titorización e seguemento por parte do centro”. 

Baixo esta premisa, os guións nacidos nas aulas e mais dos intereses dos creadores, contan con equipos multidisciplinares nos que non faltan colaboradores externos ao centro. Porén toda axuda é indispensable e, nos próximos días se porán a disposición do público, a través das súas redes sociais @sentenzacurtametraxe24 e @memoriadesoutelo, diferentes produtos de merchandising para aqueles que queiran  colaborar, e están abertos á xestión de patrocinios de entidades e empresas interesadas nos proxectos.

Te puede interesar