SUCESO EN VILAMARÍN

Un ferido tras unha colisión entre dous turismos

A persoa ferida tivo que ser evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia, pois presentaba feridas de consideración.

Un choque entre dous turismos en Vilamarín, que tivo lugar na tarde deste luns á altura da Escola de Hostalaría, saldouse cunha persoa ferida.

Segundo informou o CAE 112, a persoa ferida tivo que ser evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia, pois presentaba feridas de consideración.

De feito, nun primeiro momento, os servizos sanitarios de urxencia solicitaron a presenza do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente o ferido podo ser trasladado en ambulancia.

Tamén se barallou a posibilidade de mobilizar un equipo de excarceración, pero, uns minutos máis tarde se confirmou que o ferido estaba liberado e accesible.

Ás 16,40 horas, un particular pediu asistencia ao persoal do CAE 112 Galicia, que pediu a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Te puede interesar