A 'Festa do Viño Novo' suprime o xantar oficial en Cabanelas

Os veciños da parroquia carballiñesa de Cabanelas, coa colaboración do Concello, organizarán o vindeiro día 27 de novembre a decimocuarta edición da 'Festa do Viño Novo', pero coa introducción de varias novidades. Entre elas, destaca a supresión do xantar institucional, no que as autoridades municipais invitaban ós concelleiros da Corporación, presidentes dos colectivos veciñais e expertos na historia e na arte de Cabanelas.
Ó respecto, o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, suliñaba onte que 'hai que ter en conta que os organizadores da festa non ingresaban cartos polos invitados'. Así, haberá un xantar para todos aqueles que abonen o típico menú de castañas, chourizos asados con cachelos, carne ó caldeiro, postre, café e licores, e no que tampouco falta o polbo 'á feira' coma entrante.


ADEGAS

Por outra banda, tamén se suspenden as tradicionais visitas ás adegas do pobo, 'xa que os propietarios comunicaron que non lles daba tempo de preparalas', indicou o rexedor carballiñés. Istes percorridos serán substituídos por unha mostra de viños novos saídos de media ducia de casas de Cabanelas, para a súa degustación no recinto aberto no pazo da familia Quiroga co acompañamento de castañas. A celebración gastronómica foi retrasada ata o domingo día 27 para evitar a súa coincidencia co proceso das Eleccións Xerais.

Te puede interesar