As curtas, documentais e pezas de animación levan a firma dos que comezan a camiñar no audiovisual

O festival bebe dos talentos xóvenes e da súa capacidade para experimentar creando cine

Tanto as seccións competitivas como as que non se presentan a concurso reúnen este ano obras de autores na súa maioría moi xóvenes, o futuro dun audiovisual que a xulgar polo visto no festival promete respetar ao arte.
Tras seis días de presentacións e encontros co público non hai dúbida algunha de que o punto en común da meirande parte dos creadores desta edición é a súa xuventude, e polo tanto moitas das circunstancias inherentes a esta.

Moi significativas foron as citas de onte, na que a media dos protagonistas non superaba os 35 anos. O primeiro ao que obliga a condición da xuventude é a convertirse en ‘home ou muller orquestra’, é dicir, que hai que asumir as funcións de director, director de fotografía, guionista, editor e incluso distribuidor. Evidentemente todo esto despois de ter a idea.

É o caso de Miguel Ángel López, Meritxell Soler y Samuel Alarcón que presentaban ‘Aí ven o boi’ na sección Panorama Galicia, ‘Exilis’ nos Novos Media y ‘La ciudad de los signos’ no Concurso de Documentais.

Tamén o de Natalia Marín e Jorge Morais con ‘El sol en el sol del membrillo’ nos Novos Media, e ‘O pintor de ceos’ no Concurso de Animación.

O segundo é que lles toca facer maxia para buscar a financiación, que termina por convertirse en aportacións da familia ou os amigos e por suposto os aforros propios. As axudas institucionais son case que un milagre.

O terceiro e o factor máis importante e o que imprime maior peso e carácter aos seus traballos, e transformación dos poucos anos en experimentación, non hai medo a arriscar, e ainda que non teñen moi claro cara onde dirixen os seus pasos non entenden de límites.


Te puede interesar