PREMIO

Galardón á tenda “Ollada Sacra"

uploaded_ollada_result
photo_camera A directora de Comercio, Sol Vázquez,, entregou o galardón.

O establecemento de Parada de Sil recibiu un premio do Comercio con talento

A tenda delicatessen "Ollada Sacra", de Parada do Sil, recibiu un dos premios do certame Comercio con talento, que ten por obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no comercio galego ao tempo que se favorece o coñecemento e o contacto do alumnado de formación profesional co sector e a súa realidade, complementando así a súa formación. 

Na segunda edición desta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, participaron alumnos dos 26 centros galegos que imparten os ciclos de grao medio de Actividades comerciais e de grao superior de Xestión de vendas e espazos comerciais. Os estudantes elaboraron un proxecto sobre un comercio que, ao seu xuízo, destaca pola súa innovación e calidade. 

Un xurado especializado escolleu aos nove comercios entre os propostos e fixo unha preselección de catro proxectos que se publicaron no Facebook do Portal do Comerciante para que un dos 10 premios fose decidido polo número de gústame recibidos. Os alumnos autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad mini. En Ourense, resultou galardoado "Ollada Sacra", proposto por Ana Cabido, alumna do grao superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do CIFP Portovello de Ourense.

Te puede interesar