ENTREVISTA - VIDA

A golpe de Fulión, en femenino

Fulión femenino en Viana (ROBERTO DE LA TORRE).
photo_camera Fulión femenino en Viana (ROBERTO DE LA TORRE).

En Viana, as mulleres saen no seu propio fulión, o Fulión Femenino. É só un día ao ano cando se xuntan, pero o viven con tanta intensidade que vale por unha ducia deles. Durante estos días, cada unha tocará no seu fulión cun único obxetivo de desfrutar e pasalo ben. Algo sinxelo, xa que o sentimento do Entroido o levan na sangue. 

É tempo de Entroido, tempo de troula e festa. Tempo tamén de recuperar tradicións perdidas cos anos ou seguir loitando por mantelas, dándoas a coñecer sen perder de todo o seu cerne. Nesa exaltación festiva con disfraces populares e máscaras tradicionais que merecen ser descubertas (mellor no seu propio entorno), teñen importancia propia os chamados fulións. Deles mana uns sons característicos saídos a partires do estrondo de bombos, sachos e aixadas, para compoñer a banda sonora do Entroido máis xenuino. En Viana, entre outros fulións, destaca o formado íntegramente por mulleres que, un día, decidiron reunirse e ser só elas as protagonistas do grupo. Teresa Rábano é unha das súas compoñentes.

Xuntar un fulión só de mulleres, de onde veu a idea?Fulión femenino en Viana (ROBERTO DE LA TORRE).

Foi fai tres anos cando decimos reunirnos un grupo de amigas coa excusa de facer unha comida. A maioría de nós tocaba, e toca, en diferentes fulións e botamos man dos instrumentos tradicionais e acabamos convertendo o encontro no chamado Fulión Femenino. Con el só quixemos facer algo diferente e chamar a atención da xente cunha nova proposta. 

Un fulión que foi medrando...

Efectivamente, a ese grupo inicial foronse sumando novas integrantes e este ano fomos 62 mulleres. A maioría de Viana, pero tamén algunha provinte doutras localidades que, convidadas por algunha de nós, se anima a formar parte desta festa.

Mágoa que a xuntanza só sexa un día ao ano...

Xuntámonos nunha data anterior ao Entroido (este ano o día 16) porque durante os días grandes cada unha de nós forma parte de diferentes fulión que percorren os pobos da zona. 

Diferentes idades, diferente procedencia, enténdense ben?

Á perfección! Será porque o xénero nos une ou polas ganas de festa, ou ambas, o caso é que hai moi bo rollo entre todas nós. Máis ou menos todas nos coñecemos porque somos veciñas, pero nese día que pasamos enteiro xuntas, temos tempo para falar máis e afianzar máis a amizade. 

Que significa formar parte dun fulión?

É emocionante. Tocar nel é un momento de euforia, de puro sentimento que logra arrepiar. Temos tantas ganas de que cheguen estes días que che diría que xa dende a cea de Noiteboa no Nadal estamos a falar de saír no Entroido.

Como ve a saúde do Entroido na provincia?Fulión femenino en Viana (ROBERTO DE LA TORRE).

Creo que nos últimos anos se está facendo un especial esforzo por recuperar aqueles perdidos. Haberá que ver como evoluciona. Por outra banda, si é certo que o volume de xente que se involucra neles é cada vez maior. Tamén hai novas xeracións de cativos que se visten é eso augura un bo futuro. É algo que eu vexo en Viana e penso que extrapolable a todos. 

Algún consello para desfrutar do Entroido?

Que se disfracen e saían á rúa e que participen. É o único modo de vivilo dende dentro e con sentimento todo o que significa o Entroido. 

Te puede interesar