Roberto Vidal Bolaño, un dos máis grandes exponentes da cultura galega 'total'

A homenaxe ao poeta do espazo

Landamuco é unha das súas obras más representativas.
A traxectoria de Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), exigua na súa duración, demostra un enorme talento, capaz de componer unha prolífica obra, vinculada ó teatro dende tódalas súas posibilidades narrativas, interpretativas e plásticas. É por iso que a Real Academia Galega lle adica á súa memoria o Día das Letras Galegas 2013, distinción que supón un recoñecemento importante, non só á súa obra, senón tamén ó universo da dramaturxia e teatro galegos, pola súa importancia ó mundo da cultura en Galicia.
Describir o seu devir vital resulta complexo, polo intrincado dos sendeiros bifurcantes polos que transita. Isto revela, ó mesmo tempo, que facer da constante persecución teimuda dun sino o amuleto de viaxe, adoita ser o mellor alento para a súa consecución. O universo plástico e narrativo, tanto do audiovisual coma do teatro, atopan en Vidal Bolaño un punto de converxencia que amosa como a eclosión da mensaxe que emana do autor precisa un medio para a súa 'posta en escena' ?coas súas propias regras, linguaxe e evocacións-, con independencia da natureza material deste. Unha alma inquieta como a súa atopa saidas á expresión que abriga, sen importar a plástica polo medio da que as convirte en realidad. É por isso que se trata dunha indiscutible figura da cultura galega.

Para  Ánxeles Cuña, directora da compañía ourensá Sarabela Teatro, falar de Vidal Bolaño é facelo dun 'ser maravilloso, un poeta do espazo'. Adicar o Día das Letras Gallegas á súa figura supón un acerto: 'un premio merecidísimo a un personaxe esencial e comprometido'. Afonso Vázquez-Monxardín, profesor no IES As Lagoas coincide nesta apreciación sobre a importancia do seu legado: 'Vidal Bolaño pode considerarse coma o pai do teatro galego moderno, una figura central cun perfil polifacético que lle valeu para constituirse no seu motor'.

O completo horizonte que Vidal Bolaño conseguíu desenvolver ó longo do seu devir artístico, é quizais un dos elementos máis salientables da súa impronta. Cuña é enfática ó afirmalo: 'Posuía un perfil moi completo: dramaturgo, actor, director, incluso iluminador; era un home de teatro total, que traballou ademáis no mundo audiovisual'. Xosé Manuel Cid Fernández, profesor de Pedagoxía Social na Universidade de Vigo, apunta cara a un feito fundamental: a consideración que se fai sobre a materialización das 'letras' recoñecidas. O médio, a plástica neste caso, é fundamental: 'A inclusión de Vidal Bolaño nesta serie de premiados é de xustiza posto que é un autor moi oportuno: demostra que o xeito no que se transmite a letra por medio da representación ten un valor engadido.'

Vázquez-Monxardín salienta o importante feito que implica o concederlle o recoñecemento das Letras Galegas a un artista vinculado á dramaturxia, plástica e interpretación: 'Un premio que se lle adica en parte ó teatro galego supón recoñecer nel unha industria cultural moi poderosa'. Para el, é preciso reflexionar arredor da necesidade dun cambio en torno ó recoñecemento ós valores culturais en Galicia. Máis alá dun 'exitoso modelo agotado' coma o actual, baseado no Día das Letras e tendente a construír un 'panteón de galeguistas', é preciso centrarse nunha dinámica que se oriente ó 'Día da Cultura Galega'. En parcial contraposición, Cid Fernández considera que o leitmotiv da celebración, o recoñecemento ás letras debería manterse: 'A riqueza cultural en Galicia é moi diversa, porén, no caso do premio Letras Galegas, as obras escritas son o primordial porque o que se persegue é facer memoria histórica dos personaxes coñecidos e descoñecidos da nosa cultura '.

Non obstante, ó entender de Vázquez-Monxardín, 'necesitamos ir máis alá do escrito, posto que a cultura galega representa moito máis '. Neste sentido, a cultura galega atópase inmersa en tódolos eidos do cotián. Incluso hoxe en día, con maior forza, na irrupción da voráxine de novos medios e posibilidades:.


PRESENTE PREOCUPANTE

No fío da contemporaneidade, o Día das Letras Galegas adoita ser unha excelente oportunidade para reflexionar arredor da nosa lingua , un panorama sociolingüístico complexo pero motivante. Para Cid Fernández, o presente da lingua é preocupante, así como as accións levadas a cabo pola actual administración neste sentido. 'A lingua actual non atravesa o seu mellor momento e administración non axuda, posto que non recoñece que se trata dunha lingua marxinada, para a que non existe unha situación de igualdad e sobre a que había que tomar medidas compensatorias e de reforzo '. Vázquez-Monxardín coincide nesta apreciación: os tempos débennos levar a unha reflexión profunda, sobre o que escapa ó paulatinamente ir cedendo espazos no terreo lingüístico. 'O momento actual do idioma revela en parte un patrimonio que se perde co acelerado cambio do mundo, así como dunha serie de usos que non gardan fidelidade co establecido'. Unha postura que Cid Fernández comparte: 'A perda paulatina da lingua supón unha perda en canto á identidade, un conxunto de valores ós que, se se renuncia.

A realidade é que o Día da Letras Galegas supón un momento para reflexionar en torno á nosa lingua e cultura. Máis alá de vinculacións ideolóxicas ou políticas, como suxire Vázquez-Monxardín, para quen, porén, o presente atisba os seus propios raios de luz: 'É preocupante a vinculación que se ten construído entre ideoloxía e linguaxe, porque suxire que a lingua vai da man cun arranxo de ideas ou dunha postura política determinada. Con todo, o galego está moi vivo, como para ter un colchón de falantes que a manteña por riba das ideoloxías'.

Te puede interesar