Igrexas e capelas ourensás

Igrexa de Santo Domingo

fachada igrexa santo domingo.jpg_web

O templo dominico tamén coñecido como de Santa Eufemia A Real do Norte ten a súa orixe mercé á doazón testamentaria de Domingo de Arauxo, cabaleiro natural da pequena poboación de Vilanova dos Infantes, pertencente ao Concello de Celanova, doazón efectuada o día 28 de xullo do ano 1607, na rica vila de Potosí, ca pía idea de, tralo seu pasamento, de ser soterramento na futura igrexa a construir polos pais Dominicos na cidade de Ourense. Pese ao retraso das obras do sobrio edificio relixioso, a igrexa renacentista contou co deseño de Melchor de Velasco, consagrándoa solemnemente o día 14 de febreiro do ano 1666.

O templo de grande sobriedade caracterízase polo seu estilo renacentista con clara influencia erraríana, con planta de cruz latina e brazos pouco saíntes. Sobre o cruceiro ábrese unha cúpula sobre pechinas na que figura no arco toural a data de 1659. O retablo do altar maior é barroco sendo o entallador do mesmo o mestre leonés Francisco Castro Canseco, obra datada no ano 1708. Ornamentase este mediante catro grosas columnas salomónicas, centrado pola bonita imaxe da Virxe do Rosario acompañada a ambos lados polas tallas de santo Domingo de Guzmán e san Francisco de Asís. No segundo andar, no centro, represéntase novamente a Nai de Deus entregando o rosario a santo Domingo e santa Catalina de Siena e, diante de dúas pequenas, avenadas e polícromas fiestras represéntanse as interesantes tallas de san Pío V e santo Tomás de Aquino. Nos retablos existentes no transepto, tanto no lado do Evanxeo como no da Epístola, figura o relevo da coroación da Virxe, situado na parte central superior e a de san Jacinto e no segundo.

Ao longo da nave se distribúen diversas capelas independentes unhas das outras fundadas, no seu día, por diversos persoeiros da nobreza para lugares do seu soterramento como o demostra a presenza dos escudos nobiliarios: Divino Neno, San Xerome, do Carme, Santo Domingo e San Vicente Ferrer. No interior das dúas capelas situadas baixo o coro, na da esquerda dende a entrada ao templo, contémplase unha excelente representación dun Cristo na Cruz acompañado da Virxe e san Juan, datadas no século XVIII, do tallista Castro Canseco, e na da dereita un relevo do bautismo de Cristo ademais dunha bonita imaxe barroca do Bautista.

A fachada-retablo de acceso ao interior do templo presenta unha portada enmarcada por un entallamento formado por pilastras acanaladas que sosteñen un triangular frontón decorado con unha cruz. No seu interior figura un motivo heráldico curioso carente de labra rematado por unha coroa real acompañada de dúas fiestras polícromas con gran derrama cara o exterior. Da remate unha espadana de dous corpos decorada con pináculos destacando sobre unha imposta corrida.

Te puede interesar