SUCESO

Imputado un veciño de Punxín como presunto autor dun incendio forestal en San Amaro

O lume que se lle imputa orixinouse este martes 18 de agosto na parroquia de Santa Ouxea e afectou a unha superficie de 11.200 metros cadrados de monte

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron esta mañá da imputación dun veciño de Punxín como presunto autor dun incendio forestal no Concello ourensano de Santo Amaro.

En concreto, o lume que se lle imputa orixinouse este martes 18 de agosto na parroquia de Santa Ouxea e afectou a unha superficie de 11.200 metros cadrados de monte debido a unha neglixencia do imputado ao realizar unha roza cun tractor, segundo precisou a Xunta nun comunicado.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de O Carballiño, que se atopa en funcións de garda.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 53 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

Te puede interesar