DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Lucía Ferreiro foi homenaxeada en Parada de Sil

Lucía Ferreiro Fernández
photo_camera Lucía Ferreiro Fernández
O Concello de Parada de Sil adicoulle as Letras Galegas desde ano á neumóloga de Sacardebois

Parada de Sil deu inicio aos festexos do Día das Letras Galegas cun evento cargado de emoción e recoñecemento. 

Desde as 11,30 horas do sábado, deu comezo o acto. A actuación da Coral Aqua Música coa súa melodiosa actuación estivo presente, pero o momento máis destacado foi a homenaxe á neumóloga Lucía Ferreiro, de familia en Sacardebois, un lugar que ela mesma describe como parte da súa infancia e ao que permanece estreitamente ligada,  onde vive a súa avóa e a onde volve de visita sempre que pode.

Cunha destacada traxectoria profesional, Ferreiro realizou numerosas publicacións e investigacións sobre derrames pleurales, situándose nas primeiras posicións a nivel internacional segundo o portal Expertscape. A súa clasificación, que a sitúa no posto número 12 a nivel mundial e a primeira en Galicia, é un reflexo da súa dedicación e excelencia, todo iso a unha idade relativamente nova.

O evento contou coa presenza destacada de Xosé Miguel Pérez Blecua en representación da Deputación, mentres que o concelleiro Francisco Magide describiu a homenaxe como un momento emotivo, marcado polos vínculos coas raíces de Sacardebois. 

Durante a súa intervención, a homenaxeada expresou a súa gratitude cara ao concello e a súa familia polo apoio brindado ao longo da súa traxectoria, e recoñeceu os desafíos que enfrontan as mulleres no seu camiño cara ao éxito. Como un xesto de honra, proxectouse un vídeo con recordos de Lucía Ferreiro e descubriu, acompañada do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, unha placa na súa casa de Sacardebois, como acto simbólico da admiración dos seus veciños para a neumóloga.

Lucía Ferreiro Fernández engadía no seu discurso que levará o nome de Parada de Sil polo mundo adiante.

Te puede interesar