NATUREZA

Máis de 120 árbores novas para "devolver brillo á cidade"

O Concello de Ourense levará a cabo da reposición de ata 20 especies diferentes en toda a urbe

O Concello de Ourense levará a cabo a reposición de 127 árbores na cidade despois de realizar unha valoración do arboledo diario danado. Ata 20 especies diferentes serán renovadas co obxetivo de "devolverlle o brillo á cidade, manténdoa limpa e ordeada". 

Os labores de reposición constan dos seguintes traballos: apertura de alcorques, retirada de tocóns vellos, prantación, recheado de terra vexetal e entutorado. Para levar a cabo estas substitucións, tivéronse en conta os siguintes aspectos:

  •     Se a especie móstrase adecuada, inaxeitada ou inadaptada ao lugar.
  •     O estado do arboledo existente e as alteracións da súa parte aérea e do sistema radicular.
  •     A lonxevidade e a esperanza de vida do arboledo existente (vida útil), normalmente o arboledo en mal estado non ten por que morrer, pero hai que tomar unha decisión, a súa retirada ou substitución.
  •     A adaptabilidade e funcionalidade do novo arboledo escollido.
  •     Roturas e golpes producidos por accidentes ou actos vandálicos.
  •     Morte por falla de recursos hídricos, etc.
  •     Outros danos ou morte de exemplares por outras causas.

A reposición do arboledo viario e de zonas verdes realizase anualmente "a vexetación parada", para lograr abaratar o custe por transporte dos mesmos.

Te puede interesar