TEATRO - CULTURA

"Medea" e "Hécuba" atraerán a 2.700 rapaces de toda Galicia a Ourense

Alumnos e alumnas de máis de vinte localidades pasarán polo Auditorio Municipal de Ourense para disfrutar das dúas obras de Teatro Grecolatino

Por terceiro ano consecutivo, o Auditorio Municipal acollerá catro espectáculos do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino coa representación das obras “Medea” e “Hécuba” de Eurípides e “Pseudolus” de Plauto. Unhas representación que traerán á cidade 2.740 alumnos e alumnas de centros educativos galegos. 

Polo tanto, Ourense será un punto de encontro teatral para alumnos de máis de vinte localidades de toda a comunidade. 

Unha actividade que forma parte do Festival de teatro Grecolatino que desde hai 17 anos se desenvolve nas principais cidades de España con orixe romana que está organizado en Galicia pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos. 

Te puede interesar