Mellora do abastecemento na área empresarial de Vilamarín

Con esta actuación, garántese a subministración de auga aos núcleos de poboación e ao parque empresarial

 As obras para a mellora do abastecemento de auga ao parque empresarial de Vilamarín e aos núcleos das Quintás e A Ría xa están en marcha, logo de que a Xunta, a través de Augas de Galicia, investise neste proxecto máis de 165.000 euros para a súa adxudicación. Con esta actuación, garántese a subministración de auga "en calidade e cantidade axeitada aos núcleos de poboación e ao parque empresarial", salientou o delegado da Xunta na provincia, Gabriel Alén, quen supervisou da man do alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, o estado da obra. 

A obra foi adxudicada á empresa Hordescon, por algo máis de 165.000 euros, e os traballos van a bo ritmo para solventar dunha vez os problemas de auga do parque empresarial, que depende do depósito de Vilamarín e do de Bouzas, con captacións deficitarias que fan que en época estival o subministro sexa insuficiente; así como do depósito da Pena, que á súa vez se nutre do de Moure, no veciño concello de Coles.

O delegado territorial manifestou a que cando a obra estea rematada "agardamos que os veciños de Vilamarín xa non teñan problemas".

Para mellorar este sistema de abastecemento proxectouse a execución dunha tubaxe de que conecta co ramal que vén do depósito da Pena e, á súa vez, conecta co ramal que abastece ao parque desde o depósito de Bouzas. Isto permite formar unha rede cerrada en anel que estabilice o caudal e a presión, e que posibilite tamén ter a opción de encher o depósito de Bouzas no caso de deficiencias. 

Te puede interesar